Odobenus

Odobenus
[ANIMAL]

Xénero de mamíferos, da orde dos carnívoros, que presentan o corpo robusto, a pel moi espesa de cor gris e a cabeza de pequeno tamaño, con moitas sedas no fociño. A este xénero pertence a morsa, da que hai dúas subespecies, O. rosmarus rosmarus (a morsa do Atlántico) e O. rosmarus divergens (a morsa do Pacífico).