"Forlì" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Forlí-Cesena, en Emilia-Romaña, Italia (107.650 h [2000]). Situada entre Monte Falterone e o Adriático, localización que favorece o comercio. A súa economía baséase na industria téxtil, química, de mobles e de zapatos. Fundada polos romanos nos inicios do s II a C, foi denominada Forum Livii en tempo de Xulio César. Vinculada aos xibelinos no s XI, foi señorío dos Ordelaffi (ss XIV-XV) e desde o s XVI señorío dos Estados Pontificios. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outras, as igrexas de San Mercuriale (s XII), San Filippo Neri (ss XVII-XVIII) e a catedral da Santa Croce e os palacios da Podestà (s XV) e de Foschi (ss XVIII-XIX) e a fortaleza de Catarina Sforza (ss XIV-XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Emilia-Romaña, Italia (2.377 km2; 355.411 h [2000]). A súa capital é Forlì. Recibiu esta denominación dende 1993 cando Rímini formou provincia propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michelozzo degli Ambrogi.

    VER O DETALLE DO TERMO