"Formentera" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade administrativa das Illes Balears que comprende as illas de Eivissa, Formentera e toda unha serie de illotes circundantes. Desde 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía das Illes Balears, gozan dunha organización administrativa propia, representada polo Consell Insular de Eivissa e Formentera, integrado por trece deputados (doce elixidos por Eivissa e un por Formentera), que ao mesmo tempo forman parte do parlamento autonómico.
-
ILLAS
Illa das Balears, a máis meridional das que forman o arquipélago (77 km2) que, xunto coas illas Espardell, Espalmador e outros illotes máis pequenos forma o municipio homónimo (5.353 h [1996]). Morfoloxicamente é unha plataforma estrutural terciaria disposta en dúas unidades de relevo: no L, as terras altas de La Mola e no O a península do cabo de Barbaria. As salinas de Eivissa e Formentera son Reserva Natural. Forma unha unidade administrativa suprainsular cos municipios da illa de Eivissa (Eivissa e Formentera). A comunicación con Eivissa é diaria. O turismo é unhas das fontes de ingresos máis importantes; e dende 1959 desenvolveuse nela o movemento hippy. Habitada desde a prehistoria, nela constátase a presenza púnica e romana. Ocupada polos musulmáns entre os ss X e XIII, foi conquistada por Xaime I de Aragón. Deshabitada entre os ss XV e XVIII, iniciouse a súa repoboación trala fundación en 1726 do primeiro núcleo estable en Sant Francesc. Do seu patrimonio cultural...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (2.112 h [1996]). Fundada en 1731 ao amparo do privilexio real concedido a N. Pérez de Sarrió, señor de Formentera, foi reconstruída tralo terremoto de 1829.
VER O DETALLE DO TERMO