Transkei

Transkei

Antigo bantustán independente da República Surafricana (41.002 km2; 2.524.353 h [1983]), que estivo vixente ata o final do apartheid. Limita ao N con Leshoto e coa antiga provincia surafricana de Natal, ao O e ao S coa antiga provincia do Cabo e ao L e o SL co Océano Índico. Pola Promotion of Bantu Self-government Act de 1959, converteuse no primeiro bantustán surafricano. En 1976 declarouse independente, pero este status non foi recoñecido internacionalmente, e só o aceptou a República de Suráfrica.