translación

translación

(< lattranslatōĭne)

  1. s f

    Acción e efecto de trasladar ou trasladarse.

  2. s f
    1. [FÍS]

      Movemento dun sólido en que todos os puntos que o constitúen experimentan o mesmo desprazamento. Se A e B representan as posicións iniciais de dous puntos calquera do sólido, e A’ e B’ as correspondentes aos mesmos puntos despois de efectuada unha translación, cúmprese que B-A = B’-A’, sendo B-A e B’-A’ os vectores AB→ e A’B→’.

    2. [ASTRON]

      Movemento dun astro que se despraza segundo unha órbita arredor doutro astro. Nun instante dado, todos os seus puntos se moven nunha mesma dirección e cunha mesma velocidade. É o movemento que posúen os planetas respecto do Sol e os satélites respecto do seu planeta. Na Terra, a translación define o ano astronómico.

  3. s f [LIT]

    metáfora.

  4. s f [XEN]

    Proceso mediante o que a mensaxe xenética é descifrada e convertida no alfabeto de 20 letras da estrutura proteica.

  5. s f [FÍS]

    Operación de simetría que consiste en desprazar as figuras sen que se deformen, de xeito que todos os seus puntos describan traxectorias rectilíneas, iguais e paralelas.

  6. s f [ECON/DER]

    Proceso polo que un imposto orixinariamente pagado ou atribuído a unha persoa física ou xurídica repercute finalmente noutros que pagan efectivamente o seu importe.

  7. s f [MAT]

    Transformación xeométrica que a cada punto M do plano lle asocia outro M’ de xeito que o vector  MM→’ sexa un representante dun vector libre v→, denominado vector da translación.

Palabras veciñas

transixente | transixir | Transkei | translación | translaticio -cia | translativo -va | translator