translación
(< lattranslatōĭne)
-
s
f
Acción e efecto de trasladar ou trasladarse.
-
s
f
-
[FÍS]
Movemento dun sólido en que todos os puntos que o constitúen experimentan o mesmo desprazamento. Se A e B representan as posicións iniciais de dous puntos calquera do sólido, e A’ e B’ as correspondentes aos mesmos puntos despois de efectuada unha translación, cúmprese que B-A = B’-A’, sendo B-A e B’-A’ os vectores AB→ e A’B→’.
-
[ASTRON]
Movemento dun astro que se despraza segundo unha órbita arredor doutro astro. Nun instante dado, todos os seus puntos se moven nunha mesma dirección e cunha mesma velocidade. É o movemento que posúen os planetas respecto do Sol e os satélites respecto do seu planeta. Na Terra, a translación define o ano astronómico.
-
[FÍS]
-
s
f
[LIT]
metáfora.
-
s
f
[XEN]
Proceso mediante o que a mensaxe xenética é descifrada e convertida no alfabeto de 20 letras da estrutura proteica.
-
s
f
[FÍS]
Operación de simetría que consiste en desprazar as figuras sen que se deformen, de xeito que todos os seus puntos describan traxectorias rectilíneas, iguais e paralelas.
-
s
f
[ECON/DER]
Proceso polo que un imposto orixinariamente pagado ou atribuído a unha persoa física ou xurídica repercute finalmente noutros que pagan efectivamente o seu importe.
-
s
f
[MAT]
Transformación xeométrica que a cada punto M do plano lle asocia outro M’ de xeito que o vector MM→’ sexa un representante dun vector libre v→, denominado vector da translación.