"Formoso" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • GALICIA

    Escritor. De formación autodidacta, colaborou na prensa deportiva e na revista O Arco da vella da Agrupación cultural O Facho. Da súa produción destaca Triloxías (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (891-896) e bispo de Porto (864). Foi enviado como legado xunto ao monarca búlgaro Boris I polo Papa Nicolao I (866) e serviu como mediador entre o Rei Lotario e a súa esposa (867). Excomungado por Xoán VIII (876), Marino I rehabilitouno no 883. Dende o papado enfrontouse co arcebispo de Colonia e cos partidarios de Focio en Constantinopla. Sufriu os ataques de Guido de Spoleto (892) e pediulle axuda a Arnulfo, rei de Xermania, que o derrotou no 894. En agradecemento coroou a Arnulfo emperador (896). Trala súa morte un grupo de nobres partidarios de Guido desenterraron o seu cadáver e xulgárono (897) no denominado Synodus ad cadaver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora de Ensino Secundario. Presentou o seu libro Carmen, Carmela, Carmiña ao Premio Planeta en 1994. En marzo de 2001, a Audiencia Provincial de Barcelona admitiu a trámite a súa querela interposta contra o premio Nobel Camilo J. Cela a quen acusaba de plaxiar a súa obra en La Cruz de San Andrés, gañadora do Premio Planeta de 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse con Dolores Díaz Baliño. Pintou ao óleo e á augaforte fundamentalmente paisaxes, caracterizadas pola pincelada ancha e fluída. Realizou exposicións en París, Londres, Madrid, Barcelona, A Coruña e Vigo, entre outras cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse na Coruña, Madrid, Londres e París. As súas paisaxes, ao óleo ou á augaforte, caracterízanse pola mancha firme, o debuxo e un cromatismo baseados nos azuis intensos, brancos, vermellos, terras e ocres. Realizou exposicións en diversas cidades españolas, Lisboa e México D. F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Estudiou náutica en Cádiz e xornalismo en Caracas, a onde emigrara en 1949. Colaborou en Radio de Puerto Cabello, no xornal El Carabobeño e foi xefe de redacción de La República. Posteriormente, exerceu como xefe de prensa dos ministerios de Minas e de Fomento. Obtivo o Premio Nacional de Periodismo (1956) e a medalla de ouro ao traballo, concedida polo goberno venezolano de Rafael Caldera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, escritor e político. Na segunda década do s XX trasladouse a Santiago de Compostela, onde alternou o traballo de canteiro cos estudios de maxisterio. Fundou o semanario El País Gallego (1927), publicou unha peza de teatro, poesías, ensaios e varias novelas curtas, e fixo a carreira de Dereito. Na Segunda República creou a Agrupación Nacionalista Independente en compañía de Luís Seoane, R. Carballo Calero e S. González García-Paz, e iniciou a súa militancia no PSOE local, que abandonou para formar en 1931 a Unión Socialista Gallega, coa intención de conciliar agrarismo, marxismo e galeguismo; nesta época escribiu Regionalismo, Nacionalismo y Separatismo e a novela A modelo de Paco Asorey, editada por Nós en 1933. Fracasada a experiencia logo das eleccións de novembro de 1933, achegouse a posturas da esquerda republicana e autonomista, exerceu a avogacía e rexentou a librería Niké, que compartiu con Arturo Cuadrado. Ao producirse o golpe militar de xullo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e humorista gráfico. É un dos artistas máis representativos do cómic en Galicia, e principal impulsor, xunto con Reimundo Patiño, da banda deseñada galega. Promotor e director do Museo do Humor de Fene e director da revista Sapoconcho, desde a década de 1970 comprometeuse na defensa do uso da lingua galega no cómic e nos medios de comunicación. En 1975 editou con R. Patiño 2 Viaxes, o seu primeiro álbum. Tamén cómpre salientar outros traballos como Gaspariño (1978), Alcacén para gaitas (1980), Dos pés á testa (1986), O ABC do cómic (1995), Feito a man (1997) e Malfeito bufón (2003), ademais da súa colaboración en obras doutros autores.   Colaborador de numerosos medios de comunicación como Can sen dono, Chan, La Codorniz, Diario16, Golfiño, El Ideal Gallego, Das Kapital, Luzes de Galicia, A Nosa Terra, Teima e, desde 1988, en La Voz de Galicia, realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, en Madrid e Barcelona, e noutras cidades europeas como Lorient. Coa crise do Prestige,...

    VER O DETALLE DO TERMO