"Frómista" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño francés de peregrinación a Santiago (1041 h [1996]). Localizado en Tierra de Campos, atravésao o canal de Castela. A súa base económica é o cultivo de cereais, a gandería lanar e a industria fariñeira. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Martín de Frómista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Frómista. De orixe románica, sufriu unha polémica restauración entre 1896 e 1904. Prototipo da arquitectura románica do s XI, caracterízase polas súas proporcións e polo equilibrio entre as liñas horizontais das naves e a verticalidade das ábsidas e das torres e entre os elementos arquitectónicos e escultóricos. Ten tres naves, a central máis ancha e alta ca as laterais, con cúpula no cruceiro e tres ábsidas semicirculares, a central de maior desenvolvemento. As naves cóbrense con bóvedas de canón. No interior destaca a variada decoración dos capiteis con representacións vexetais, zoomórficas e humanas. As portadas sobresaen do muro e cóbrense con beiril soportado por canzorros de animais, motivos vexetais e personaxes humanos. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1894.

    VER O DETALLE DO TERMO