"Francisco II" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806), de Austria (Francisco I; 1804-1835) e rei de Bohemia e Hungría (Francisco II; 1792-1835), fillo e sucesor de Leopoldo II e de María Luísa de Borbón. Educado en Viena, tomou parte nas diversas coalicións europeas e nos conflitos bélicos provocados pola Revolución Francesa e as Guerras Napoleónicas, polo que se viu obrigado a ceder territorios nas paces de Campoformio (1797), Lunéville (1801), Bratislava (1805) e Viena (1809). Trala sinatura do Tratado de Presburgo (1805), abdicou da coroa imperial (1806) e converteuse no derradeiro emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que preservou o título de Emperador de Austria ao casar a súa filla María Luísa con Napoleón. Tralas vitorias sobre as tropas francesas en Leipzig (1813) e en Waterloo (1815) e a celebración do Congreso de Viena (1815), recobrou boa parte dos territorios austríacos e converteuse no presidente da nova Confederación Xermánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei das Dúas Sicilias (1859-1860), fillo de Fernando II. Non puido impedir que Garibaldi ocupase Sicilia e Nápoles en 1860. Capitulou e refuxiose en Roma ata que se exiliou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Bretaña (1458-1488). Sucesor do seu tío Artur III de Richemont, enfrontouse a Luís XI de Francia, ao querer este reducir a independencia do seu ducado (1464). Durante a rexencia de Ana de Francia, interveu na Guerre Folle (1845), pero foi derrotado polas forzas da rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1559-1560), fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. En 1558 casou con María I de Escocia e delegou o goberno de Francia nos duques de Guisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco I de Francia.
-
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1662-1694), fillo do duque Afonso IV. De nome Francesco II d’Este, durante o seu reinado os seus territorios estiveron baixo a autoridade da súa nai, Laura Martinozzi. Foi o restaurador da Universitá de Modena e do reordenamento da Biblioteca Estense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Milán (1521-1525? e 1529-1535), fillo de Ludovico o Mouro. Exiliouse en Alemaña trala ocupación do ducado por parte das tropas de Francisco I de Francia e en 1521 foi restablecido no trono milanés polo Emperador Carlos V e o Papa León X. Acusado de traizón polo marqués de Pescara, perdeu Milán ante Carlos V (1525) e non o recuperou ata 1529. Ao morrer sen descendencia lexítima, o ducado foi incorporado aos dominios da coroa hispánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Modena e de Reggio (1737-1780), fillo do duque Renato I. De nome Francesco III d’Este, dirixiu os exércitos españois en Italia durante a Guerra de Sucesión austríaca, pero tralas derrotas españolas en Camposanto (1742) e Piacenza (1745), aliouse con Austria e obtivo o cargo de gobernador de Lombardia. Mecenas das artes e das letras, protexeu a S. Muratori e a G. Tiraboschi.
VER O DETALLE DO TERMO