Francisco II
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806), de Austria (Francisco I; 1804-1835) e rei de Bohemia e Hungría (Francisco II; 1792-1835), fillo e sucesor de Leopoldo II e de María Luísa de Borbón. Educado en Viena, tomou parte nas diversas coalicións europeas e nos conflitos bélicos provocados pola Revolución Francesa e as Guerras Napoleónicas, polo que se viu obrigado a ceder territorios nas paces de Campoformio (1797), Lunéville (1801), Bratislava (1805) e Viena (1809). Trala sinatura do Tratado de Presburgo (1805), abdicou da coroa imperial (1806) e converteuse no derradeiro emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que preservou o título de Emperador de Austria ao casar a súa filla María Luísa con Napoleón. Tralas vitorias sobre as tropas francesas en Leipzig (1813) e en Waterloo (1815) e a celebración do Congreso de Viena (1815), recobrou boa parte dos territorios austríacos e converteuse no presidente da nova Confederación Xermánica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : Viena