"Fresnel" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Unidade de frecuencia da radiación electromagnética equivalente a 1012 Hz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Exerceu como enxeñeiro do Estado para despois dedicarse ao estudo da óptica. Estableceu definitivamente a natureza ondulatoria da luz, demostrou que se propaga por vibracións transversais e elaborou a base conceptual e matemática da teoría ondulatoria. Inventou o biprisma de franxas ou de Fresnal e elaborou a fórmula de reflexión que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo interferencial consistente nunha fonte luminosa S cun biprisma que forma dúas imaxes S1 e S2, separadas unha distancia d, que actúan como emisores coherentes virtuais. Na zona na que se superpoñen as súas emisións, obsérvanse interferencias; en concreto, sobre unha pantalla situada a unha distancia D dos puntos S1 e S2 fórmanse franxas de interferencia de Young.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de difracción en que o foco luminoso, a pantalla receptora ou os dous ao mesmo tempo se atopan a unha distancia finita do sistema difractor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elipsoide correspondente á ecuación que resulta ao desenvolver a densidade de enerxía electromagnética dunha onda luminosa nun medio dieléctrico anisótropo, en función das compoñentes do tensor dieléctrico do medio e do campo eléctrico da onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmulas que relacionan as amplitudes reflectida (A’’) e refractada (A’) coa amplitude incidente (A) do campo eléctrico dunha onda luminosa que incide sobre un dieléctrico isótropo. As fórmulas de Fresnel permiten tamén o estudo do cambio de fase entre as ondas incidente, reflectida e refractada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Integrais dadas polas expresións

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio enunciado por Fresnel en 1816 que permite explicar os fenómenos de difracción da luz e que é unha modificación do principio de Huygens. Consiste en supoñer que as ondas secundarias do principio de Huygens se propagan en todas as direccións, pero cunha amplitude que depende do ángulo entre a dirección de propagación da resultante e a dirección considerada.

    VER O DETALLE DO TERMO