Fresnel, fórmulas de

Fresnel, fórmulas de
[FÍS]

Fórmulas que relacionan as amplitudes reflectida (A’’) e refractada (A’) coa amplitude incidente (A) do campo eléctrico dunha onda luminosa que incide sobre un dieléctrico isótropo. As fórmulas de Fresnel permiten tamén o estudo do cambio de fase entre as ondas incidente, reflectida e refractada.