"Friburgo" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CAPITAIS
Capital do cantón de Friburgo, ao L de Suíza, sobre o altiplano que separa os Alpes de Friburgo do lago Morat (Murtensee) e da chaira de Vaud (31.900 h [estim 2000]). Está situada nun alto macizo rochoso rodeado por un meandro do Saane (Sarine). É o centro intelectual católico de Suíza desde o s XVI. O ensino é bilingüe (francés e alemán). Na industria destaca a elaboración da cervexa e do chocolate. Fundada en 1157 polo duque alemán Bertoldo IV de Zähringen, pasou á familia Kibourg en 1218, que a vendeu en 1277 aos Habsburgo, aos que pertenceu entre 1277 e 1447. Foi propiedade do ducado de Savoia entre 1452 e 1477 e, en 1481 integrouse na Confederación Helvética. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as casas e as fontes góticas do barrio do Bourg; a catedral gótica de Saint-Nicolas (1283-1490); as igrexas de Notre-Dame (s XII), de Saint Jean (s XIII) e da Visitation (s XVII); as capelas de Notre Dame de Bourguillon (s XV) e de Lorette; o colexio gótico de Saint Michel, os...
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón do L de Suíza (1.671 km2; 234.307 h [2000]). A capital é Friburgo. O relevo é montañoso ao SL, formado polos contrafortes setentrional dos Alpes Bernesos, onde o armentío bovino, orientado cara á industria láctea, constitúe a principal actividade económica. O resto do cantón, drenado polo Saane (Sarine) e os seus afluentes, é unha chaira agricolamente moi rica.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd de Saxonia, Alemaña (48.900 h [1990]). Está situada nunha meseta, ao pé do Erzgebirge. Centro de actividade mineira, con fundicións de chumbo, cinc, níquel e estaño. Tamén hai industria téxtil, de instrumentos de óptica, de equipos eléctricos e electrónicos. Fundouna no s XII Odón o Rico. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a catedral gótica, o edificio do concello (s XV) e as antigas minas de prata de Reiche Zeche.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do länd Baden-Württemberg, Alemaña (202.455 h [2000]). Está situada na vertente occidental do Schlossberg, contraforte da Selva Negra. É núcleo industrial, con industria de mobles, téxtil, de aparatos eléctricos, óptica, de produtos farmacéuticos, de papel e de cartón. Posúe un centro de ensino superior: a Albert-Lwdwigs-Universität Freiburg, de 1457. Fundada no s XII, estivo posteriormente baixo o dominio austríaco e en diversos períodos pertenceu aos franceses. En 1806 pasou ao gran ducado de Baden. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a catedral gótica (ss XIII-XIV), a porta de Schwabentor e o vello Gerichtslaube.
VER O DETALLE DO TERMO