"Friol" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Lugo, no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Guitiriz e Begonte (comarca da Terra Chá), ao L co de Lugo, ao S cos de Palas de Rei (A Ulloa) e Guntín, e ao O cos de Sobrado e Toques (Terra de Melide). Abrangue unha superficie de 292 km 2 , nos que acolle unha poboación de 4.911 h (1996), distribuídos nas parroquias de Anafreita, Anxeriz, Bra, Carballo, Carlín, Cotá, Friol, Guimarei, Guldriz, Lamas, Lea, Madelos, Miraz, Narla, Nodar, Ousá, O Pacio, Prado, Ramelle, Rocha, Roimil, San Cibrao da Pregación, San Martiño de Condes, Santalla de Devesa, Seixón, Seoane da Pregación, Serén, Silvela, Trasmonte, Vilafiz, Vilalvite e Xiá. A capital municipal é a vila de Friol, situada a 43° 1’ de latitude N e a 7° 47’ de lonxitude O, 24 km ao O de Lugo e 91 km ao L de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á diocese de Lugo.
    Xeografía física
    O concello de Friol está situado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Friol. baixo a advocación de San xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia baixo a advocación de san Xiao que dá nome ao concello de Friol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Friol. As súas orixes están nunha fortaleza do s XIII. Foi propiedade dos Pardo, descendentes da casa real de León e no s XIX agregouse ao condado de Maceda. O conxunto da casa e da torre reconstruíse e modificouse. A torre ten planta cadrada e foi reducida en altura; nela destaca unha ventá de falso arco monolítico na fachada N, mentres que na O consérvanse dúas, por onde se une á vivenda. Construída no s XVIII, ten planta cadrada e dúas alturas. Conserva un balcón corrido sobre soportes de pedra e balaústres de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO