Friol, pazo-torre de
Friol, pazo-torre de
Construción situada en Friol. As súas orixes están nunha fortaleza do s XIII. Foi propiedade dos Pardo, descendentes da casa real de León e no s XIX agregouse ao condado de Maceda. O conxunto da casa e da torre reconstruíse e modificouse. A torre ten planta cadrada e foi reducida en altura; nela destaca unha ventá de falso arco monolítico na fachada N, mentres que na O consérvanse dúas, por onde se une á vivenda. Construída no s XVIII, ten planta cadrada e dúas alturas. Conserva un balcón corrido sobre soportes de pedra e balaústres de ferro.