"Frutos" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, unha cruz, de ouro, coas puntas voltas, acompañada, nos ocos que forma, de catro vieiras, de prata; bordo de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, unha cruz floreteada de ouro, acompañada de catro vieiras de prata, unha en cada oco.
-
GALICIA
Xornalista. Da súa produción destaca El enigma del camino de Santiago (1977), El enigma de Colón (1980), Leyendas gallegas (1980), Tesoros templarios, secretos masones (1981) e Con Ferrandis hemos topado (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militante do PSUC desde 1963, foi elixido secretario de organización da Confederación Nacional de Catalunya de CC OO e secretario xeral do PSUC (1981). Elixido secretario xeral do PCE en 1998, foi candidato á presidencia do goberno por IU nas eleccións xerais de 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cetohexosa que se dá en estado libre, xuntamente coa glicosa e a sacarosa, na froita e no mel, e combinada con outros azucres nos oligosacáridos. A frutosa natural é fortemente levóxira ([α]<J>D</J>20=-92°). A frutosa é o azucre natural máis doce. Fabrícase por hidrólise ácida da inulina, polisacárido que se compón, case exclusivamente, de unidades de D-frutofuranosa, que é unha forma cíclica da frutosa [CH2OHCO(CHOH)3CH2OH]. Os derivados da frutosa son moi importantes no metabolismo enerxético dos organismos vivos. Nas células dos músculos dos vertebrados degrádase segundo as vías metabólicas da glicólise. Intervén tamén nas plantas, na síntese da sacarosa.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Profesor emérito da Universidad Politécnica de Madrid, realizou numerosos pontes e viadutos. Das súas obras destacan as pontes e viadutos da autoestrada Villalba-Villacastín-Adanero, a ponte sobre a ría de Cubas en Santander, os viadutos sobre o Ril en La Fuente del Azufre; a ponte de Rande e os seus accesos na ría de Vigo, e a ponte da Barqueta para a Expo’92 en Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO