Frutos
Frutos
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, unha cruz, de ouro, coas puntas voltas, acompañada, nos ocos que forma, de catro vieiras, de prata; bordo de ouro. Outra variante trae, en campo de goles, unha cruz floreteada de ouro, acompañada de catro vieiras de prata, unha en cada oco.