"Fuentes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 33.

  • PERSOEIRO

    Mestre de capela da catedral de Santiago. Nela desempeñou o seu maxisterio nun curto período de apenas ano e medio (febreiro de l893-setembro de 1894). Antes fora organista nas catedrais de Valladolid e Segovia. En Compostela desenvolveu unha actividade pouco relevante, deixando unha ducia de composicións, algunhas das cales foron censuradas por M. Lozano (cóengo da catedral) e por S. Tafall (coéngo e tamén mestre de capela), xa que o autor se permitira certas licencias mal vistas na música sacra, como a inclusión de timbais. Cómpre destacar a amizade que mantivo con Xoán Montes, que lle dedicou a súa célebre balada Unha noite na eira do trigo. Despediuse de Santiago ao ser nomeado Mestre de Capela da catedral de Madrid, onde permanececeu ata 1903, ano no que ingresou na Compañía de Xesús, abandonando a música. Da súa produción destaca unha obra coral que presentou ao certame da Exposición Rexional de Lugo (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador. Licenciouse en Filosofía e Letras, e foi profesor da Escola Normal e do Instituto de Pontevedra. Colaborador da Revista Spes, forxadora da Escola Lineográfica de Pontevedra, que se dividiría en dúas etapas; na primeira que abrangue dende a súa formación -etapa na que traballa o artista- o 15 de xuño de 1934, ata a Exposición de Gravado en Linóleo da Revista, que tivo lugar na asociación de Escritores e Artistas Españois do ano 1944, e que deu a coñecer o seu labor. Realizou gravados de liña simplificada e conceptista, en linóleos que semellan tallas de imaxineiros, de tema relixioso, como El mensaje de la Virgen, Rosa mística ou San Bruno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajuña, afluente do Tajo (2.405 h [1996]). A economía baséase na agricultura de secaño (cereais, viñedo e oliveiras) e na gandería ovina. Dentro da vila destaca a igrexa románica de San Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo ecuatoriano. Alternou a súa actividade como profesor de debuxo coa pintura e a fotografía. A partir dos anos cincuenta do s XX participou en diversas exposicións pitóricas. Entre as súas principais mostras fotográficas destacan: Arte y paisaje del Ecuador, celebrada en Quito e Nova York en 1963, Solidaridad con Nicaragua, realizada no Museo de Arte Latinoamericano de Managua en 1985, e a súa participación na V Fotobienal de Vigo en 1992. Recibiu en 1983 o premio Casa de las Américas en La Habana e a Medalla de Ouro ao mérito artístico outorgado en 1984 polo municipio de Otavalo (Ecuador).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse en Galicia en 1959. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Ávila e no Museo de Reproduciones Artísticas no Museo del Prado. Comezou a expoñer en 1969 e realizou, fundamentalmente, paisaxes estruturadas cunha xeometría case perfecta e cunha aparencia ríxida, pero solventada cunha paleta moi agresiva. Fundou con Falcón e Ferreiro o Grupo Eixo. Entre os premios que recibiu destacan a Medalla de Ouro da II Trienal Nacional de Arte de Santiago de Compostela de 1974 e a Medalla de Bronce da Bienal de Pontevedra de 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela e compositor. Foi mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela desde 1745 ata 1769. Sobre a súa vida sábese, segundo consta nas actas capitulares da catedral, que por mor da súa precaria saúde desde 1766, foi substituído por Buono Chiodi (1728-1783). Da súa produción musical consérvanse oito motetes (probablemente outros seis tamén sexan da súa autoría), un magnificat e tres lamentacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciado en Dereito. Presidente da Cámara Agraria Provincial de Lugo, foi deputado no Congreso de los Diputados na lexislatura Constituínte (1977-1979), pola Unión de Centro Democrático (UCD), e na primeira e segunda lexislaturas (1979-1986), polo Grupo Parlamentario Centrista. É autor de diversos traballos xurídicos e artigos en prensa publicados na Revista Galega de Estudios Agrarios e escribiu os volumes Dereito civil de Galicia: comentarios á lei 4-1995 (1997), Montes vecinales en mano común (1999) e División de la herencia y liquidación del régimen económico matrimonial (2001). No ámbito da toponimia publicou Comarca de Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, Páramo, Samos, Sarria, Triacastela (1992) e Toponimia de la comarca de Sarria (1998). Obtivo o Premio da Orde do Mérito Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Comezou a súa formación como tallista ata que en 1958 se trasladou a Santiago de Compostela onde estudiou na Escuela de Artes e Oficios Mestre Mateo. En 1964 ingresou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi e en 1967 na Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Dende 1970 reside en París, onde aprendeu co Patkai as técnicas de traballo con formigón armado e a relación da escultura co contorno e coa arquitectura. A súa obra caracterizouse pola utilización da natureza como fonte de inspiración, a sinxeleza das formas e os vestixios do pasado galego. Nalgunhas das súas obras mostrou un estilo modernista. Empregou, entre outros materiais, o bronce, a madeira, a pedra, o ferro e o formigón. Aínda que desenvolveu a súa traxectoria artística en Francia, en Galicia realizou monumentos públicos de gran tamaño, entre os que destacan as obras realizadas para a facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e para a residencia de anciáns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Participou nos espectáculos Sinxebra, estreado en 1948 polo grupo Santa Lucía da Coruña a partir dun texto de Armando Cotarelo Valledor, e Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, presentado en 1959 tamén na Coruña pola Asociación Teatral Iberoamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista visual. Participou, entre outras exposicións, en Primeiro Centenario do cómic (Bruxas, 1996), Unha de patos (Pontevedra, 1998), Kalkomanias (Pontevedra, 1998) e Novos Valores (Pontevedra, 1999). No eido das mostras individuais destaca No te importe… (Vigo, 2000). En 1999 recibiu a bolsa de axuda á investigación artística Caixa Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa pintura lembra o postimpresionismo con tendencias cara ao cubismo. Nas súas obras tratou de buscar a expresividade formal das texturas. Emprega as cores planas e a ausencia de perspectiva. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas en Galicia, Portugal e Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no val do Guadalquivir, entre Carmona e Écija (7.470 h [1996]. Centro agrícola de La Campiña, con industrias alimentarias. De orixes prehistóricas, recibiu durante a ocupación romana o nome de Obulcula. Conquistada polos cristiáns en 1248, o seu señorío foi entregado á orde de Alcántara. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o xacemento de Fuente de la Reina e os restos do castelo de Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado na marxe dereita do Ebro, formando en diversos sectores o límite setentrional do termo (3.763 h [1996]). Neste municipio remata a Canle Imperial de Aragón. Hai agricultura, gandería e certa actividade industrial (metal, plásticos e química). Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento romano de La Corona e a igrexa de San Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no sector sueste da provincia, no límite coa de Huelva (2.851 h [1996]). O territorio é moi accidentado por Serra Morena. Hai agricultura, gandería e industrias alimentarias (bebidas e embutidos). Do seu patrimonio cultural destacan o castelo del Cuerno e a igrexa de Nuestra Señora de los Ángeles (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado no sector de poñente da provincia, no límite con Vilar Formoso en Portugal (1.520 h [1996]). De orixes prehistóricas, na Guerra da Independencia foi escenario da Batalla de Fuentes de Oñoro (1811). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o xacemento rupestre de Siega Verde, a necrópole calcolítica da Finca de Hurtada e as pinturas murais románico-góticas da igrexa de Nuestra Señora de la Asunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título señorial concedido en 1572 a Juana de Acevedo y Fonseca, señora de Cambados e muller de Pedro Enríquez de Acevedo y Álvarez de Toledo. Posteriormente pasou aos Zúñiga, aos Méndez de Haro, aos Álvarez de Toledo e finalmente aos Fitzjames-Stuart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicepresidente provincial do Instituto Nacional de Previsión, foi alcalde de Verín de 1942 a 1953, procurador en Cortes dos municipios de Ourense entre 1946 e 1953, e vicepresidente da Deputación provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción cómpre destacar: Preludio matinal (1919), Oro de la amanecida. Ofertorio lírico (1920), Las linfas embrujadas. Motivos literarios (1924) e Salomé de Sar (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO