"Gabino" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • GALICIA

    Avogado e político conservador e conde de Bugallal. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde representou dende 1886 o distrito de Ponteareas e outros distritos da provincia de Ourense (Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia e Ourense) nas Cortes. Ocupou os cargos de oficial da subsecretaría de Gracia e Xustiza, gobernador civil de Granada, director xeral de Administración Local, director xeral do Tesouro e fiscal do Tribunal do Contencioso e do Tribunal Supremo. Foi ministro de Instrución Pública en 1902, de Facenda en 1913, 1917 e 1919, de Gracia e Xustiza en 1920, da Gobernación tamén en 1920 e de Economía en 1931; ademais, tralo asasinato de Dato, ocupou a xefatura do goberno de xeito interino en 1921. Foi presidente do Congreso dos Deputados, do Consello de Ministros e xefe do partido liberal-conservador. Así mesmo, foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Fundou xornais políticos e publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, colaborou na prensa española e hispanoamericana ata 1936. Publicou os poemarios Abril (1927), Vibraciones del espíritu en la materia (1927), Versos marineros (1930) e as novelas El teniente azul (1928), en colaboración con A. Vidal Dovale, e, baixo o pseudónimo de Mauro del Sil e con ilustracións de Xaime Prada, Perfil de un ilustre (1933). Recibiu o I Premio de Poesía da Asociación de Prensa de León (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no xentilicio romano Gabinius, sobrenome dunha estirpe romana; significa ‘oriúndo de Gabio’, antiga cidade do Lazio. Levan este nome san Gabino de Roma (III), mártir romano, celebrado o 19 de febreiro, e un mártir de Sardeña, da mesma época, que se celebra o 30 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gabino Rey Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu no lugar de Telleiro, en Barreiros (Baiona). As súas armas levan un escudo partido: a primeira partición, cuarteado: primeiro e cuarto, en campo de prata, tres flores de lis de goles, postas en pao; segundo e terceiro, en campo de prata, unha man de carnación, movente do flanco destro, sostendo unha vara; segunda partición, en campo de azul, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata; no xefe deste segundo cuartel, un minguante de prata e cinco estrelas de ouro, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s III) Mártir romano en tempos do Emperador Diocleciano. Segundo a lenda, foi pai de santa Susana e irmán do Papa Caio. Convertido ao cristianismo, fíxose sacerdote e foi martirizado xunto coa súa filla no ano 296. A súa festividade celébrase o 19 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción. Creou unha linguaxe persoal e reiterada con pranchas metálicas furadas. Realizou obras de carácter monumental, entre outras, Homenaje a la Investigación Espacial, na Central Hidroeléctrica de Castrelo de Miño (1969), e Estela de Venus IV, no Museo de Escultura al Aire Libre do Paseo de La Castellana (Madrid, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Gabino, viviu en Barcelona onde recibiu a influencia da pintura catalá e de artistas como Antoni Tàpies. Destacou como debuxante, cultivou o realismo cun estilo postimpresionista e centrouse fundamentalmente na representación de paisaxes, xunto con bodegóns e retratos. Preocupouse pola cor e empregou unha paleta cálida e morna na que destacaron azuis intensos, verdes brillantes, carmíns, rosas e pratas, coa que construía os corpos mediante o emprego da luz. Destacan Mi hermana Carmen (1956), Bodegón (1968), Puerto de Barcelona (1980), Irene e Anna (1988), Vaso con flores (1990), Casa en el Empordá (1996), A modelo (1997) e Camino (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO