Gabiño

Gabiño
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se estableceu no lugar de Telleiro, en Barreiros (Baiona). As súas armas levan un escudo partido: a primeira partición, cuarteado: primeiro e cuarto, en campo de prata, tres flores de lis de goles, postas en pao; segundo e terceiro, en campo de prata, unha man de carnación, movente do flanco destro, sostendo unha vara; segunda partición, en campo de azul, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata; no xefe deste segundo cuartel, un minguante de prata e cinco estrelas de ouro, postas en aspa.