"Galli" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das primuláceas ao que pertencen as muraxes.
-
-
Berro de guerra, principalmente dos mouros, ao entrar en batalla.
-
Berro moi forte por mor dunha dor ou dunha situación de angustia.
-
-
-
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador de arte. Estudiou dereito e belas artes en València, onde foi profesor de historia da arte na Escola de Belles Arts. Foi profesor da Escuela Especial de Pintura de Madrid e en 1913 nomeárono director do Museo Nacional de Artes Industriales y Decorativas de Madrid. Dirixiu a Biblioteca de Arte Español e publicou, entre outros traballos, Sorolla, su vida y su arte (1909) e El nacionalismo en arte: notas sobre la vida contemporánea (1928). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de artistas italianos que destacou na realización de escenografías para óperas, bailes, festas e cerimonias relixiosas. Coñecida co sobrenome de Bibiena ou Bibbiena, fundouna o pintor Giovanni Maria Galli (Bibbiena, Arezzo 1625 - 1665). Os seus fillos foron Ferdinando Galli (Boloña 1657 - 1743), pintor e arquitecto, que traballou ao servizo dos Farnese e de Carlos VI de Austria, e que escribiu, entre outros, o tratado L’architettura civile preparata sulla geometria e ridotta alla prospettiva (1711); e Francesco Galli (Boloña 1659 - 1739), arquitecto do Teatro Filarmonico de Verona e do Alibert ou Delle Dame de Roma. A terceira xeración está representada polos fillos de Ferdinando: Giovanni Maria Galli (1691 - 1777), que traballou en Nápoles e Praga (1749-1769); Alessandro Galli (Parma 1687 - Mannheim 1769?), autor da igrexa dos Xesuítas de Mannheim (1733-1756), onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación deportiva editada na Coruña a partir de decembro de 1982. Subtitulouse “Revista mensual de Patinaje”. Dirixida por Basilio Orgaz Blanco e editada por Gallia SA, incluíu información sobre o mundo da patinaxe, entrevistas, resultados e clasificacións. A finais de 1983 fusionouse coa revista catalá Patín Sport, aumentou a súa tiraxe a 5.000 exemplares e difundiuse por toda España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Embriólogo francés. Os seus estudios centráronse na morfoxénese sexual e na citoxenética dos anfibios e dos parasitos, ademais da acción das hormonas esteroides. Renovou a embrioloxía francesa moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial francesa que Gaston Gallimard e André Gide, xunto cos fundadores da Nouvelle revue française, estableceron en París en 1911. Nos seus comezos publicou, sobre todo, obras de destacados autores franceses como Gide, Sartre, Céline, Breton, Claudel, Larbaud ou Duras. Dirixida por Antoine Gallimard, está considerada como unha das principais empresas editoriais francesas. En 1953 lanzou a primeira edición europea de obras latinoamericanas na súa colección hispánica, dirixida por Roger Caillois. No 2002 conformaban o Groupe Gallimard: Éditions Denoël, Les Éditions du Mercure de France, Nouveaux Loisirs, Gallimard Jeunesse e Les Éditions de la Table Ronde, ademais dos seus centros de distribución, librerías e filiais no estranxeiro. Tirou do prelo máis de 28 millóns de volumes en 1999.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo italiano. Representou nas súas obras un ambiente popular e burgués que tratou cunha certa profundidade psicolóxica. Entre as súas comedias salientan La mamma no mor mai (1880) e La base de tutto (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Cabo da península de Guajira (Colombia), no mar das Antillas, o punto máis setentrional de América do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias do ferro que se caracteriza, sobre todo, por ter un pedúnculo que provén da secreción da célula, que consiste nunha franxa retorta en espiral impregnada de hidróxido de ferro. Son inmóbiles, oxidan o ferro e fíxano, polo que se utilizan como indicadores da presenza de ferro disolto e reducido no medio.
-
CIDADES
Cidade do län de Norrbotten, Suecia, ao SL de Kiruna (7.800 h [1980]). É un centro mineiro importante que explota xacementos de ferro de Malmberget e de Koskullskulle.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedopsiquiatra. Organizou, con Alfred Strauss, o primeiro consultorio de neuropsiquiatría infantil do estado español no Institut Psicotècnic de la Generalitat, dirixido por Emili Mira. Tamén con Mira i Strauss, creou o centro de investigación psicolóxica La Sageta. En 1940 fundou o Institut de Pedagogia Terapèutica, que dirixiu. Publicou La infancia anormal (1933), Oligofrenias (1942), Psicología del niño y del adolescente (1957), Niños psicópatas (1948), Els fills, sexe i educació e Els inadaptats (1970), entre outras. Cultivou tamén a novela en catalán e o ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Iniciado no idealismo nazarenista (Tobías y el ángel, 1860-1862), axiña pasou ao realismo, sen deixar, non obstante, a temática histórica (Testamento de Isabel, la Católica, 1864; Presentación de Juan de Austria a Carlos V, 1869; La muerte Lucrecia, 1871). Cultivou tamén o retrato (Condesa de Santovenia, 1871) e o paisaxismo (Paisaje urbano) e pintou obras próximas ao impresionismo como Mujer saliendo del baño (1867?).
VER O DETALLE DO TERMO