Gallia
Gallia
Publicación deportiva editada na Coruña a partir de decembro de 1982. Subtitulouse “Revista mensual de Patinaje”. Dirixida por Basilio Orgaz Blanco e editada por Gallia SA, incluíu información sobre o mundo da patinaxe, entrevistas, resultados e clasificacións. A finais de 1983 fusionouse coa revista catalá Patín Sport, aumentou a súa tiraxe a 5.000 exemplares e difundiuse por toda España.