"Gallur" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, ao S de Tauste. Esténdese á dereita do Ebro (2.992 h [1996]). Atravésao o Canal Imperial de Aragón. A súa economía baséase na agricultura, sobre todo no cultivo do millo, hortalizas e remolacha azucreira, e na industria alimentaria (fariña e aceite) e papeleira. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Pedro (s XVIII) e as casas do xeneral Ortega (s XVII), dos Espuny e dos Zaldivar (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do N de Sardeña, Italia, (2.143 km2). Está aberta ao mar e posúe unhas costas moi articuladas. A súa agricultura baséase no cultivo de uvas e na cortiza, xa que non é unha zona moi fértil. O seu gando é ovino e bovino. Olbia é a cidade máis importante.
VER O DETALLE DO TERMO