Gallur
Gallur
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, ao S de Tauste. Esténdese á dereita do Ebro (2.992 h [1996]). Atravésao o Canal Imperial de Aragón. A súa economía baséase na agricultura, sobre todo no cultivo do millo, hortalizas e remolacha azucreira, e na industria alimentaria (fariña e aceite) e papeleira. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Pedro (s XVIII) e as casas do xeneral Ortega (s XVII), dos Espuny e dos Zaldivar (1920).