"Girona" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Trobador. De nome Guillem de Cervera, a súa obra conservada é a máis extensa de toda a literatura trobadoresca. O seu estilo acomódase tanto aos recursos da poesía popular coma a cancións de forma complicada e de contido artificioso. A súa poesía amorosa segue as normas do amor cortés. Cronoloxicamente, é un dos últimos trobadores e a súa obra semella un compendio e resumo de todos os xéneros provenzais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Catalunya (74.879 h [2001]). Situada na confluencia de catro ríos (Ter, Onyar, Güell e Galligants), está encaixada entre as formacións montañosas das Guilleries e Gavarres. A actividade industrial está diversificada (fábricas de embutidos, carrocerías, fábricas de mobles e de maquinaria de impresión). Coñecida polos romanos co nome de Gerunda, foi construída sobre un antigo núcleo urbano ibero. Liberada do poder musulmán no 785 por Carlomagno, converteuse nunha importante colonia xudía. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral gótica con claustro romano, onde se conserva o tapiz da Creación (s XI), as igrexas de Sant Pere de Galligans, Sant Feliu e Sant Nicolau, o barrio xudeu do Call, a casa da Fontana de Oro e o palacio episcopal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de España na Comunitat Autónoma de Catalunya, situada á beira do Mar Mediterráneo (5.886 km2; 565.304 h [2001]). A súa capital é Girona. Está dividida en seis partidos xudiciais e 235 municipios. A prefectura napoleónica de 1809 e a corrixidoría de 1810 serviron de base a divisións posteriores (1822 e 1833). O seu litoral, que se corresponde co extremo oriental da Cordilleira Pirenaica, é moi rochoso, polo que recibiu a denominación turística de Costa Brava; este sector de actividade favoreceu o crecemento económico e demográfico da provincia, na que destacan, ademais da capital, as cidades industrias e turísticas de Figueres (33.064 h), Blanes (30.693 h), Olot (28.060 h), Salt (21.238 h) e Lloret de Mar (20.239 h).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición da Marca Hispánica. Conquistada en 785 polos exércitos de Carlomagno aos musulmáns, estaba gobernada por un conde elixido directamente polo marqués de Gotia. Desde 878 tivo os mesmos condes ca o condado de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo (? - Girona 604) Mártir. Foi martirizado en Girona xunto con Vicente e Vítor. A súa festividade celébrase o 22 de xaneiro.