Helianthemum
Helianthemum
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas pertencente á familia das cistáceas. Presenta complexidade por englobar moitas especies e gran número de híbridos interespecíficos. Presentan base leñosa, follas opostas de pequeno tamaño e flores pentámeras dispostas en acios, normalmente de color amarela, os froitos son casulos trivalvos. Destacan as especies H. ledifolium, H. hirtum, H. apenninum.