Helíades
Helíades
Nome que reciben as cinco fillas de Helios e da oceánide Clímene, irmás de Faetonte. Cando o seu irmán foi precipitado ao río Erídano por Zeus, transformáronse en lamigueiros e choraron a súa morte con bágoas de ámbar nas ribeiras deste río.