"Gloucester" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CAPITAIS
Capital do condado de Gloucestershire, Inglaterra, Reino Unido, situada na beira esquerda do Severn, ao O dos Cotswolds (104.700 h [1994]). Cidade industrial, ten factorías de vagóns e material ferroviario, maquinaria agrícola, mobles e construción naval. Tamén destacan as capturas de salmónidos no Severn. Fundada polos romanos co nome de Glevum, a cidade desenvolveuse durante a Idade Media grazas ao comercio da la. Do seu patrimonio cultural destacan os restos romanos, a catedral normanda (ss XI-XV) e os peiraos de época vitoriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título feudal inglés creado en 1122 polo Rei Enrique I para o seu fillo Roberto (?-1147). Extinguiuse en 1399 ao ser confiscado o título a Thomas Despenser (?-1400).
-
DUCADOS
Título da casa real inglesa creado en 1385 polo Rei Ricardo II para o seu irmán Thomas, conde de Buckingham e Essex.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (2.653 km2; 557.300 h [estim 1998]). A capital é Gloucester.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (497 km2; 245.641 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO