"Goó" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
PERSOEIRO
Estadista e avogado norteamericano. Secretario de estado na administración Truman (1949-1953), foi un dos promotores do UNRRA (1943) e do Plan Marshall (1948); interveu na creación da OTAN (1949-1950) e na elaboración do tratado de paz co Xapón (1951). Gañou o premio Pulitzer de Historia (1970) con Present at the Creation (Presente na Creación).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro norteamericano. Introduciu a bombilla de incandescencia e instalou as primeiras centrais xeradoras de electricidade en Europa. Obtivo, por cristalización do carbono, o carburo de silicio e descubriu un grafito ao que lle deu o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Gabón (36.547 km2; 104.301 h [1993]). A capital é Masuko (ou Franceville).
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Formouse na Slade School of Fine Arts de Londres (1921-1223) e en Nova York (1923-1924) e París (1924-1925). Foi un dos representantes do Social Realism e formou parte da Works Projects Administration (WPA). Entre as súas obras destacan o mural The history of Richmond Hill (A historia de Richmond Hill, 1936-1937), American tragedy (Traxedia americana, 1937), Lily and the Sparrows (Lily e os pardais, 1939) e The new Lazarus (O novo Lázaro, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Traballou nas universidades de Charlottesville e Dallas. En 1987 demostrou que as proteínas G actuaban coma mensaxeiros secundarios na transmisión de sinais, activando e desactivando certos procesos biolóxicos. En 1994 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Martin Rodbell.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Incio. De orixe románica, construíuse a finais do s XII ou comezos do s XIII. Ten planta de nave única, con cuberta de madeira, e ábsida con tramo recto e cabeceira poligonal. O arco triunfal é de medio punto dobrado. A porta principal está formada por unha arquivolta de sección rectangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etóloga británica. Sen formación universitaria doutorouse en Etioloxía pola Universidade de Cambridge (1965). Desde 1960 traballou cos chimpancés na reserva natural de Gombe (Tanzania), o que lle permitiu demostrar que son animais altamente evolucionados e sociais. Creou o Jane Goodall Institute dedicado á conservación dos chimpancés en África. Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o título de Cabaleiro do Imperio Británico, o de Mensaxeiros da Paz da ONU, a Medalla Benjamin Franklin e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica de 2003, este último pola súa contribución á comprensión das raíces do comportamento e a cultura humanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clarinetista, saxofonista e director de orquestra de jazz. De nome Benjamin David, na década de 1930 creou a súa propia orquestra e formou o Goodman Quartet, ampliado posteriormente en sexteto. Intérprete, así mesmo, de música clásica (obras de B. Bártok e A. Copland), participou en numerosas películas como The Benny Goodman Story (1955). Traballou xunto a Eddie Durham, Benny Carter, Ella Fitzgerald e Gene Krupa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Despois de pequenos papeis en filmes pouco relevantes, acadou o éxito coa serie televisiva Roseanne. Na súa carreira destacou como secundario nos filmes Always (1989), Barton Fink (1991), The Flinstones (1994), The Big Lebowsky (1998), O Brother (2000) e Home of Phobia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Doutorado en Filosofía na Harvard University (1941), foi profesor nas universidades de Pennsylvania (1946-1964) e Harvard (1968-1977). Centrado no estudo da estética, da epistemoloxía e da filosofía da ciencia e da linguaxe, aplicou as técnicas da lóxica formal á análise dos fenómenos. Das súas obras destacan The Struture of Appearance (1951), Languages of Art (1968) e Of Mind and Other Matters (1984). Foi presidente da American Philosophical Association e vicepresidente da Association for Symbolic Logic, membro da American Academy of Arts and Sciences e recibiu en 1946 o Guggenheim Award.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e filósofo. Doutorado en Literatura na University of Chicago, destacou pola súa ideoloxía anarquista e revolucionaria, que o converteu nun escritor marxinal. Das súas obras destacan Communitas (1947), Growing up Absurd (1960) e People or Personnel (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. A súa imaxe mística e de muller fatal levouna a protagonizar numerosas películas entre 1914 e 1919. Destacan A Fool There Was (1915), The Darling of Paris (1916), The Unchastened Woman (1925) ou Madame Mystery (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Estudiou na Universidade de Cambridge con Meyer Fortes e Evans-Pritchard. Realizou traballos de campo no N de Ghana. En Cambridge dirixiu o centro de estudios africanos (1966-1973) e foi profesor de antropoloxía social (1973-1984). Especializouse nos estudios de parentesco e tradición oral dos pobos de África Occidental e, posteriormente, traballou sobre a escritura e o seu impacto nas sociedades. Publicou Technology,Tradition and the State in África (1971), Prodution and Reprodution (1976), The Developement of the Family and Marriage in Europe (1983), The European Fa An Historical-Antropological Essay (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
É unha empresa estadounidense que se financia cos ingresos provintes da publicidade inserida nos seus servizos de uso gratuíto, entre os que destacan o buscador e o servizo de correo electrónico. Foi fundada en setembro de 1998 polos estudantes universitarios Larry Page e Sergey Brin, nese mesmo ano Google abriu a súa primeira oficina onde traballaban só os dous fundadores da empresa. A súa misión é, segundo os fundadores, organizar a información mundial facéndoa universalmente accesible e útil. Google é, posiblemente, o motor de procura en Internet máis grande e máis empregado. Ofrece unha forma rápida e sinxela de atopar información na web, con acceso a un índice de máis de 8.168 millóns de páxinas web. A pregunta que o usuario formula é recibida por un dos 1.000 servidores que traballan para Google. Este servidor encarga a un dos millares de ordenadores de Google buscar nas bases de datos. Unha vez obtida a resposta destes ordenadores, o resultado remítese a unha computadora que se encarga...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número igual a 10 á potencia 100 (10100).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número igual a 10 á potencia googol (10googol).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lagoa salgada litoral, formada por unha superficie de auga separada do mar por un depósito sedimentario (barra). Os atois ou arrecifes anulares están formados completamente por corais. No fondo do lagoon hai zonas calcarias que proceden da erosión dos corais, así como cumios de coral vivo que acadan como máximo o nivel da baixamar.
-
RIOS
Río de África ecuatorial (970 km). Nace na República do Congo, nos altiplanos que separan as concas do Ogooué e do Congo, atravesa Gabón formando un grande arco e desemboca no Océano Atlántico en forma de delta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Gabón (22.890 km2; 97.913 h [1993]). A súa capital é Port-Gentil.