Google Inc.

Google Inc.

É unha empresa estadounidense que se financia cos ingresos provintes da publicidade inserida nos seus servizos de uso gratuíto, entre os que destacan o buscador e o servizo de correo electrónico. Foi fundada en setembro de 1998 polos estudantes universitarios Larry Page e Sergey Brin, nese mesmo ano Google abriu a súa primeira oficina onde traballaban só os dous fundadores da empresa. A súa misión é, segundo os fundadores, organizar a información mundial facéndoa universalmente accesible e útil. Google é, posiblemente, o motor de procura en Internet máis grande e máis empregado. Ofrece unha forma rápida e sinxela de atopar información na web, con acceso a un índice de máis de 8.168 millóns de páxinas web. A pregunta que o usuario formula é recibida por un dos 1.000 servidores que traballan para Google. Este servidor encarga a un dos millares de ordenadores de Google buscar nas bases de datos. Unha vez obtida a resposta destes ordenadores, o resultado remítese a unha computadora que se encarga de ordenar o resultado en función do ranking asignado a cada páxina. A través dos servidores envíase este resultado ordenado ao usuario que fixo a consulta.

Palabras veciñas

Goodman, Paul | Goodman, Theodosia | Goody, Jack | Google Inc. | googol* | googolplex* | GOP