"Godofredo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • GALICIA

    Xornalista. Iniciou a súa andaina profesional nos xornais Faro de Vigo e La Concordia. Posteriormente, emigrou a Bos Aires onde exerceu como secretario do Club Español e do Centro Galego, e como presidente da Asociación de Dependientes de Comercio. En 1890 nomeárono presidente honorario do Centro Galego de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Peregrino francés. Desempeñou diversos cargos na corte parisiense como o de tesoureiro de Filipe IV o Fermoso. Doou á catedral de Santiago de Compostela un relicario. Trátase dun peza gótica de prata dourada que representa o Apóstolo como peregrino, vestido con túnica longa, os pés espidos, capote pechado con mangas abertas e con fardel, bordón e cunchas gravadas no sombreiro de copa esférica e á ancha. Na man dereita sostén unha lámpada relicario con forma de torre e na esquerda unha cartela na parte superior coa inscrición do doador. Sitúase sobre un pedestal hexagonal decorado con placas esmaltadas que se apoia nas esquinas en figuras de leóns. Inicialmente, a reliquia foi un dente e tralo incendio da capelas das Reliquias en 1921, un fragmento dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica, composto de *got ou *guth ‘Deus’ e *frithu ‘paz, amizade’; atéstase nos documentos longobardos italianos coas formas latinizadas Gottifredus, Godifredus ou Godefridus. Destacan con este nome Godofredo IV de Boulogne, que encabezou a primeira cruzada (1095), Godofredo de Dinamarca (ss VIII-IX) e san Godofredo de Amiens (1066-1115), celebrado o 8 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade premostratense e bispo de Amiens. Na iconografía leva vestiduras episcopais e, como atributo, un can. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (798-810). Resistiu as acometidas de Carlomagno (800) e comezou a construción dunha serie de fortificacións entre os fiordes Sli e Eider. Detivo o avance dos vendos ao destruír Reric, unha das súas marcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cruzado, duque da Baixa Lorena (1089-1095). Coñecido como Godofredo de Bouillon, apoiou o Emperador Enrique IV no seu enfrontamento co Papa Gregorio VII e este, como recompensa, recoñeceuno como herdeiro do seu tío Godofredo III, duque da Baixa Lorena. En 1095 tomou, xunto cos seus irmáns, o hábito de cruzado e vendeu todos os seus bens para sufragar a Primeira Cruzada. Tras xurar fidelidade ao emperador bizantino Aleixo I Comneno, tomou Xerusalén. Elixido rei polos cruzados, renunciou a este título e proclamouse protector do Santo Sepulcro (1099-1100). Á súa morte converteuse nun personaxe lendario, heroe dunha canción de xesta e dun poema de T. de Tasso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra, figurativista, caracterizouse pola sobriedade cromática e o realismo. Principalmente cultivou a temática campesiña e a paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO