Godofredo
Godofredo
Antropónimo de orixe xermánica, composto de *got ou *guth ‘Deus’ e *frithu ‘paz, amizade’; atéstase nos documentos longobardos italianos coas formas latinizadas Gottifredus, Godifredus ou Godefridus. Destacan con este nome Godofredo IV de Boulogne, que encabezou a primeira cruzada (1095), Godofredo de Dinamarca (ss VIII-IX) e san Godofredo de Amiens (1066-1115), celebrado o 8 de novembro.