Gonepteryx

Gonepteryx
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de lepidópteros, da familia dos piéridos, duns 4 cm de tamaño e tórax robusto cuberto de pelos. A especie máis corrente é a G. rhamni, que son as primeiras bolboretas que aparecen na primavera nas rexións máis frías; o macho é de cor amarela e a femia de cor branca verdosa, moi parecida ás follas cando están en repouso sobre elas.