gónfido -da

gónfido -da

(< lat científico Gomphus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos gónfidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Animal da familia dos gónfidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de libélulas que se caracterizan por presentar ollos amplamente separados con ocelos dispostos nunha liña máis ou menos recta, abdome avultado no extremo, sobre todo nos machos e coa base da á posterior angular no macho e redonda na femia.