"Gran Canaria" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ILLAS
Illa das Canarias, situada entre a de Tenerife e Fuerteventura (1.532 km2; 887.676 h [1996]). A capital é Las Palmas de Gran Canaria. De orixe volcánica, presenta unha forma case circular e está constituída por un macizo que acada a máxima altitude no Pozo de las Nieves (1950 m), no centro da illa. A poboación concéntrase no NL, que é a zona máis rica en agricultura; o 55% reside na capital. A produción de plátanos, localizada ao N e NL, e de tomates, ao S, é a riqueza principal. A industria concéntrase na zona NL e en Teide (industrias químicas, da construción, conserveiras e fábricas de elaboración de tabaco). Ten unha grande importancia o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, e capital de Gran Canaria, situada ao NO da illa, no punto onde un istmo estreito enlaza co promontorio elevado de La Isleta (100 km2; 354.863 h [2001]). Os barrios da Vegueta e Triana constitúen o núcleo antigo do municipio, con edificios do s XV. A expansión urbana comezada en 1833 foi paralela ao incremento do tráfico portuario. O porto de La Luz vertebrou o municipio moderno e lineal, que contrasta coa parte alta e mais a periferia. É un porto pesqueiro, comercial e de escala na travesía atlántica. Exporta principalmente plátanos, tomates e outros produtos agrícolas. Destacan as industrias pesqueiras, de aparellamento marítimo e de tabaco. O seu recurso principal é o turismo. Antigo campamento dos colonizadores casteláns, foi bispado e adquiriu o nome de Real de Las Palmas a finais do s XV. Os Reis Católicos crearon nela un concello e Filipe II estableceu alí unha audiencia. Foi un porto de importancia estratéxica na ruta das...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, na illa de Gran Canaria, no sector L da caldeira de Tirajana (7.964 h [2001]). A economía baséase na gandaría e na agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO