"Gran Conca" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
REXIÓNS
Rexión do SO dos EE UU, cunha extensión que sobrepasa o millón de km2, entre Sierra Nevada e as montañas Wasatch (Rochosas). Esténdese polos estados de Idaho, Utah, Oregon, Nevada, California e Arizona. Está formada por unha serie de concas e por cadeas de montañas constituídas por materiais volcánicos e sedimentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conca sedimentaria do interior de Australia. Ocupa unha superficie de 1.500.000 km2, desde o golfo de Carpentaria á conca do Eyre e Murray. Está formada por unha capa de xistos que recobren rochas de carácter poroso e areoso.