Gran Conca
Gran Conca
Rexión do SO dos EE UU, cunha extensión que sobrepasa o millón de km2, entre Sierra Nevada e as montañas Wasatch (Rochosas). Esténdese polos estados de Idaho, Utah, Oregon, Nevada, California e Arizona. Está formada por unha serie de concas e por cadeas de montañas constituídas por materiais volcánicos e sedimentarios.