"Guerra Civil" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Loitas entre César e Pompeio que se sucederon entre o 50 e o 45 a C. Comezaron despois de que César atravesara o Rubicón, límite entre a provincia da Galia Cisalpina, sometida ao seu goberno consular, e Italia. Apoderouse da Península Itálica en pouco máis de dous meses, mentres Pompeio marchou cara ao L para reunir as súas tropas. Para evitar o desabastecemento de trigo da Península Itálica, César ocupou Sardeña e Sicilia, e máis tarde dirixiuse á Hispania Citerior para atacar os pompeianos concentrados en Ilerda. Despois de someter a Varrón, que se sublevara na Hispania Ulterior, dirixiuse a Grecia, e en xuño do 48 a C derrotou a Pompeio en Farsalia, que fuxiu a Exipto, onde morreu asasinado. Os enfrontamentos cos pompeianos prolongáronse en África e Hispania, pero César derrotounos en Tapso (46 a C) e Munda (45 a C), onde morreu o fillo maior de Pompeio. O propio César describiu estes episodios en De bello civile (A guerra civil).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Conflito civil acontecido en España entre xullo de 1936 e abril de 1939. A guerra desencadeouse como consecuencia do fracaso da convivencia entre as forzas de dereitas e esquerdas durante a Segunda República. A insurrección iniciárona as gornicións do protectorado marroquí o 17 de xullo de 1936; o día 18 uníronse ao alzamento os xenerais M. Goded nas Illes Balears e F. Franco en Canarias; este último tomou o mando do exército de Marrocos o día 19. O que nun principio se presentaba como un golpe de estado converteuse nun conflito fratricida ao triunfar a insurrección só nalgunhas zonas: Castela a Vella, León, Galicia, Navarra, Zaragoza e Sevilla. En Madrid, Barcelona, Castela a Nova, a costa Mediterránea, case todo o Cantábrico, gran parte de Andalucía e Extremadura, a insurrección foi sufocada polas forzas leais á República. O golpe militar estoupou en Galicia o 20 de xullo; o día 21 caeron en mans dos sublevados A Coruña e Ferrol e nos días seguintes foron sufocados os núcleos de resistencia...

    VER O DETALLE DO TERMO