"Guerrero" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Político panameño. Loitou pola independencia do país. Acadada esta (1903), foi elixido Primeiro Presidente do Panamá (1904-1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México na costa do Pacífico (64.281 km2; 2.994.365 h [estim 1997]). A capital é Chilpancingo (170.368 h [1995]). O territorio está atravesado en dirección NO-SL pola Sierra Madre del Sur. Polo N localízanse os volcáns México e Morelos, compoñentes dos contrafortes da cordilleira volcánica que forman a Sierra de Taxco. A costa é escarpada, e ten algúns portos naturais (Acapulco). O clima é frío nos cumios da Sierra Madre, subtropical nas terras altas e tropical húmido na costa. Os ríos pertencen case todos á vertente do Pacífico. Case un 75% da poboación está dedicada aos traballos agropecuarios. Na costa do Pacífico hai cultivos de café, tabaco, plátanos e cana de azucre, e nos vales do río Balsas e os seus afluentes, arroz, millo e algodón. Posúe importantes xacementos de fluorita, ouro, prata e carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de Cristóbal de Morales, foi mestre de capela das catedrais de Jaén e Sevilla. Escribiu música sacra, misas e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Granada (1931-1934), na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando e na École des Beaux-Arts de París. Relacionouse cos artistas do action painting e converteuse, con Esteban Vicente, no representante en España da pintura abstracta nacida en EE UU. A súa obra presenta resonancias das fontes populares andaluzas no cromatismo e na importancia do negro. Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz teatral. Traballou en diversas compañías ata que formou unha propia. Os seus éxitos principais foron La malquerida e Don Juan Tenorio. A sede do Centro Dramático Nacional leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de motociclismo. Fillo dun mecánico que lle fixo a súa primeira moto aos tres anos, aos seis xa tiña licenza e competía en distintas especialidades. Aos 10 anos xa fora campión de Baleares oito veces. En 1998 gaña a Copa Aprilia 50cc, converténdose no piloto máis novo en gañar un campionato. Con só 13 anos permítenlle competir no Campionato de España de 125cc, e na seguinte tempada consegue o título de Campión de Europa desa mesma categoría. Pasa a 250cc no ano 2005, e acada o título de Campión do mundo en 2006 e 2007. No ano 2008 pasa á categoría de MotoGP coa escudaría Yamaha, acadando o seu primeiro título ese mesmo ano no Gran Premio de Portugal. En maio do 2010 triunfa no circuíto de Xerez.

    VER O DETALLE DO TERMO