Guerrero

Guerrero

Estado de México na costa do Pacífico (64.281 km2; 2.994.365 h [estim 1997]). A capital é Chilpancingo (170.368 h [1995]). O territorio está atravesado en dirección NO-SL pola Sierra Madre del Sur. Polo N localízanse os volcáns México e Morelos, compoñentes dos contrafortes da cordilleira volcánica que forman a Sierra de Taxco. A costa é escarpada, e ten algúns portos naturais (Acapulco). O clima é frío nos cumios da Sierra Madre, subtropical nas terras altas e tropical húmido na costa. Os ríos pertencen case todos á vertente do Pacífico. Case un 75% da poboación está dedicada aos traballos agropecuarios. Na costa do Pacífico hai cultivos de café, tabaco, plátanos e cana de azucre, e nos vales do río Balsas e os seus afluentes, arroz, millo e algodón. Posúe importantes xacementos de fluorita, ouro, prata e carbón.