"Guido" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 38.

  • PERSOEIRO

    Musicólogo austríaco. Foi un dos fundadores da Akademische Wagnerverein e o iniciador dos Denkmäler der Tonkunst in Österreich (Monumentos da música en Austria).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia dos ánguidos.

    2. Réptil da familia dos ánguidos.

    3. Familia de réptiles sauros formada por individuos ovíparos ou ovovivíparos, que non presentan patas ou que as teñen reducidas. Está constituída por 70 ou 80 especies, a maioría do continente americano. En Europa só se atopan dúas especies: Ophisaurus apodus e Anguis fragilis, coñecida en Galicia co nome de escáncer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e ensaísta cinematográfico italiano. Teórico do Neorrealismo cinematrográfico italiano, foi fundador e director da revista Cinema Nuovo (1952). Os seus estudos críticos inspíranse na metodoloxía estética marxista de Gramsci e Lukács. Publicou os libros Storia delle teoriche del film (Historia das teorías cinematográficas, 1951), Cinema italiano 1960: Romanzo e antiromanzo (Cine italiano 1960: romántico e antirromántico, 1961), Il dissolvimento della ragione: discorso sul cinema (A disolución da razón: discurso sobre cine, 1966), e I sussurri e le grida (Murmurios e berros, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de cinguido aplicado ás tuberías nas que as abrazadeiras empregadas son dun diámetro lixeiramente maior que aquelas. Ao inxectar auga a presión, a tubería dilátase ata obrigar ás abrazadeiras a ensancharse. A tubería defórmase plasticamente, mentres que as abrazadeiras fano elasticamente, tendendo a retornar ao seu diámetro inicial, o que constrinxe fortemente a aquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi profesor de Patoloxía médica e de Medicina legal, médico de cámara do Rei Humberto e ministro de Instrución Pública e de Agricultura. Fixo descubrimentos destacables no campo da Semioloxía e deu nome ao signo da pectoriloquia áfona e ao método para o tratamento do aneurisma arterial. En 1867 publicou un libro sobre a patoloxía do corazón e da aorta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico iltaliano. É autor de traballos importantes sobre a patoloxía do bazo, principalmente sobre as anemias de orixe esplénica (1882). Déuselle o seu nome a unha forma de esplenomegalia (enfermidade ou síndrome de Banti).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal, historiador e diplomático italiano. Foi xefe da Inquisición durante o proceso de Galileo. As súas obras están recollidas no volume La Nunziatura di Francia del cardinale Guido Bentivoglio (A nunciatura de Francia do cardeal Guido Bentivoglio, 1863-1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e director de orquestra. En 1855 estableceuse en Berlín. Estreou Tristán und Isolde (Tristán e Isolda, 1865) e Die meistersinger von Nürnberg (Os mestres cantores de Nuremberg, 1868), da autoría de Wagner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia güelfa, ocupou diversos cargos públicos e participou activamente nas loitas internas da cidade. Foi discípulo de Brunetto Latini, mantivo amizade con Dante Allighieri e recibiu a influencia da filosofía de Averroes. Considérase o principal representante do dolce stil nuovo. Da súa produción consérvanse arredor de cincuenta composicións das que destacan a canción “Donna mi prega”, sonetos e baladas que cantan a Giovanna ou a Madonna Primavera, entre as que destaca “Perch’io non spero” (1300). É autor tamén de poemas cómico-satíricos e de correspondencia (un soneto de queixa a Dante) e dunha serranilla. O primeiro libro impreso que recolleu as súas composicións foi Sonetti e canzoni di diversi antichi autori toscani, in X libri raccolti (Sonetos e cancións de varios autores toscanos antigos, recollidos en X libros, 1527).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de conseguir.

    2. Que está ben feito ou rematado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Estudou arquitectura e traballou como deseñador gráfico, aínda que é máis coñecido polos seus cómics. O seu personaxe máis popular é Valentina, protagonista de episodios nos que o erotismo é un dos principais compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de distinguir ou distinguirse.

    2. Que é moi refinado no seu aspecto ou nos seus modais.

    3. Que se distingue entre os da súa clase ou profesión por ser moi bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de fungar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Pertencente á tendencia do crepuscolarismo, publicou, entre outras obras, La via del rifugio (1907), I colloqui (1911) e a póstuma Verso la cuna del mondo (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe xermánica. Probablemente sexa unha forma derivada dun antigo hipocorístico de nomes xermánicos compostos, que tiñan como primeiro elemento *widu- ‘pao’, ‘bosque’ ou *wida- ‘afastado’. San Guido (s XI), abade de Pomposa (Ravenna), celébrase o 31 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal francés, fillo do conde Roberto VII de Boulogne. Coñecido como Guido de Auvernia, foi nomeado (1340) arcebispo de Lyon e cardeal (1342). Foi enviado por Gregorio XI á Península Ibérica como legado para acabar cos enfrontamentos entre as coroas de Aragón e Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor siciliano. É autor de poesías e da adaptación en prosa latina do Roman de Troie, de Benoît de Sainte-Maure, e da Historia destrutionis Troiae (1287).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico musical italiano. Monxe beneditino do mosteiro de Pomposa, preto de Ferrara. Introduciu innovacións no canto eclesiástico e atribúeselle a creación da pauta musical de catro liñas. Para fixar e facer reter a entoación dos graos da escala musical, empregou as primeiras sílabas de cada hemistiquio da primeira estrofa do himno a San Xoán Bautista Ut queant laxis. Escribiu diversos tratados teóricos, como o titulado Micrologus.

    VER O DETALLE DO TERMO