Aristarco, Guido
Aristarco, Guido
Crítico e ensaísta cinematográfico italiano. Teórico do Neorrealismo cinematrográfico italiano, foi fundador e director da revista Cinema Nuovo (1952). Os seus estudos críticos inspíranse na metodoloxía estética marxista de Gramsci e Lukács. Publicou os libros Storia delle teoriche del film (Historia das teorías cinematográficas, 1951), Cinema italiano 1960: Romanzo e antiromanzo (Cine italiano 1960: romántico e antirromántico, 1961), Il dissolvimento della ragione: discorso sul cinema (A disolución da razón: discurso sobre cine, 1966), e I sussurri e le grida (Murmurios e berros, 1988).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mantua -
Falecemento