"Guise" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Liñaxe nobre francesa que ten as súas orixes na casa ducal de Lorena. Dos seus membros destacaron Claudio I de Guise (1496-1550), coñecido como Claudio de Lorena, quen recibiu de Francisco I de Francia os títulos de duque de Guise (1528) e par de Francia (1528) pola súa axuda na represión das revoltas campesiñas en Alsacia e Lorena (1525); a súa filla María de Guise (1515-1560), quen casou con Xaime V de Escocia e foi nai de María I Stuart; Francisco I de Guise (1519-1563), quen se enfrontou aos exércitos de Carlos V en Metz (1552) e se converteu en comandante xeneral do reino en 1557, e que xunto co seu irmán Carlos de Guise (1524-1574), cardeal de Lorena cunha grande influencia sobre o seu sobriño Francisco II de Francia, iniciaron unha dura represión contra os hugonotes (Masacre de Wassy, 1562) que foi o comezo das Guerras de Relixión; e Enrique I de Guise (1550-1588), instigador da matanza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Salviati, fixo cartóns para mosaicos (Xenealoxía da Virxe, 1542, basílica de San Marco), participou na decoración do gran salón da Libreria Vecchia (1556) e decorou numerosas igrexas venecianas (Daniel e Habacuc, en Santa Maria della Salute, e Cristo con catro santos, en San Zaccaria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Venceu no concurso para a construción en Roma do Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II, Il Vittoriano, que iniciou en 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Lanzarote, ao N de Arrecife (12.392 h [2001]). Está composto por varias illas.

    VER O DETALLE DO TERMO