Guise

Guise

Liñaxe nobre francesa que ten as súas orixes na casa ducal de Lorena. Dos seus membros destacaron Claudio I de Guise (1496-1550), coñecido como Claudio de Lorena, quen recibiu de Francisco I de Francia os títulos de duque de Guise (1528) e par de Francia (1528) pola súa axuda na represión das revoltas campesiñas en Alsacia e Lorena (1525); a súa filla María de Guise (1515-1560), quen casou con Xaime V de Escocia e foi nai de María I Stuart; Francisco I de Guise (1519-1563), quen se enfrontou aos exércitos de Carlos V en Metz (1552) e se converteu en comandante xeneral do reino en 1557, e que xunto co seu irmán Carlos de Guise (1524-1574), cardeal de Lorena cunha grande influencia sobre o seu sobriño Francisco II de Francia, iniciaron unha dura represión contra os hugonotes (Masacre de Wassy, 1562) que foi o comezo das Guerras de Relixión; e Enrique I de Guise (1550-1588), instigador da matanza de San Bertomeu (1572) e desde 1576 líder da Liga Santa. A familia extinguiuse á morte do duque Francisco Xosé de Guise (1675).

Palabras veciñas

Guisán, Xoán | guisar | Guisasola Lasala, Federico | Guise | guiso | Guissona | guita