"Gustavo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • GALICIA

    Pintor. Ao longo da súa andaina pictórica evolucionou desde un expresionismo inicial ata o neofigurativismo, pasando polo informalismo e a abstracción expresiva. Realizou múltiples exposicións, entre outras, na Exposición Nacional de Belas Artes de 1964 e na Magna Exposición de Pintores Gallegos de 1965 en Santiago de Compostela. En 1973 acadou a medalla de ouro no I Certamen Regional Imperio, celebrado na Coruña. Xunto con Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ramón Lugrís e Xosé Manuel Beiras, entre outros, formou parte dun grupo de mozos galeguistas que viñan de descubrir Galicia e o Galeguismo, moi activo intelectualmente na Compostela dos anos cincuenta. En 1953 publicou un conto na revista Vamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gustavo Adolfo Domínguez Bécquer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Estudiou en Zaragoza e Madrid e foi profesor do instituto Lucía Medrano de Salamanca dende 1949 e catedrático de Fundamentos de Filosofía e Historia dos Sistemas Filosóficos na Universidad de Oviedo dende 1960. É o creador dun dos sitemas filosóficos máis sólidos, coherentes e profundos do último terzo do s XX; así, a partir da súa crítica do materialismo histórico dende unha perspectiva marxista baseada na práctica, desenvolveu unha ontoloxía baseada en tres xéneros de materialidade (corporeidade ou exterioridade, interioridade e obxectos abstractos) e elaborou a súa Teoría del cierre categorial (1992). En 1988 o ministerio de Educación y Ciencia prohibiu o seu libro Simploké como libro de texto para o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP). Fundou e dirixe a revista El Basilisco. Ao seu redor constituíuse a chamada Escola de Oviedo, que está aplicando a súa teoría do peche categorial a distintos eidos do saber: ontoloxía, teoría de la ciencia, antropoloxía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1654-1660). Fillo do conde palatino Xoán Casimiro I de Kleeburg e de Catarina, filla de Carlos IX. Loitou polo trono ao abdicar a súa curmá Cristina en 1654. Proclamouse rei de Polonia despois de declararlle a guerra (1655) e ocupou o leste de Prusia; pero a resistencia dos polacos e o inicio das hostilidades por parte de Rusia (1656) e Dinamarca (1657), dificultaron a súa posición. Non obstante , ocupou Xutlandia e obrigou aos daneses a entregarlle en 1658 as provincias de Skåne e Bohuslän, ao sur da actual Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1973), fillo do príncipe Gustavo Adolfo e de Sibila de Saxonia-Coburg-Gotha. Sucedeu o seu avó Gustavo VI Adolfo o 15 de setembro de 1973. No ano 1976 casou con Silvia Sommerlath, coa que tivo tres fillos: Victoria, Carlos Filipe e Madalena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e tratadista arxentino. Estudiou en Rosario e París. Cultivou a paisaxe, o retrato e a natureza morta. O seu realismo recibiu a influencia dos fauves. Escribiu Diario de un pintor (1932), El grabado, historia y técnica (1943) e unha monografía sobre Daumier (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Ocupou a presidencia da República entre 1964 e 1970. Durante o seu mandato atendeu as obras públicas e enfrontouse á revolta estudantil de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Adoptou o apelido familiar Bécquer, aínda que o seu verdadeiro nome era Gustavo Adolfo Claudio Domínguez Bastida. Ao morrer seu pai ingresou no colexio San Telmo para seguir estudios de náutica, que abandonou para formarse como pintor con Cabral Bejarano e máis tarde no estudo do seu tío Joaquín Domínguez Insausti. Por estes anos escribiu Oda a la muerte de Don Alberto Lista (1848), Oda a la señorita Lenona en su partida, publicou os seus primeiros traballos no xornal La Aurora e algúns poemas (“La plegaria y la corona”, “A Quintana”). En 1854 trasladouse a Madrid e colaborou en diversos xornais da época (El Contemporáneo, El Museo Universal, El Porvenir, La España Artística y Literaria e La Iberia). Escribiu a comedia La novia y el pantalón (1856), en colaboración con García Luna. Un ano máis tarde rematou a primeira entrega de Historia de los templos de España (1857-1858),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e militar. Estudiou na Escola de Minas e ingresou no corpo de enxeñeiros da Armada (1966). Traballou nos arsenais de Ferrol e Cartagena, e foi profesor na Escuela Naval Flotante e inspector do corpo de enxeñeiros. Publicou diversos artigos en revistas profesionais e dous libros de texto, Lecciones de construción naval escritas para uso de los aspirantes a Guardia Marinas (1877) e Curso de máquinas de vapor (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e violinista. Realizou estudios musicais en Lugo, posteriormente en Madrid e ingresou como violinista na Orquesta Sinfónica Nacional. Profesor de violín e solfexo no Círculo de las Artes de Lugo, estudiou a música popular galega e foi autor de Colección de cantos gallegos. Da súa produción, composta por muiñeiras, valses, tangos e cancións, destaca a zarzuela Non chores, Sabeliña (1943), con letra de Xosé Trapero Pardo, e as composicións Airiños, aires, Alalá dos lugueses, Festa na Tolda, Añorando, Cortegada, Miña nai, Minueto estilo antiguo e Himno a Galicia republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no sueco antigo Götstav ‘alimento dos godos’, ‘xefe dos godos’, composto de Got- ‘godo’ e de Staf ‘bastón’, ‘sustento’. Hai quen opina que pode vir tamén do antigo alemán Chustaffus, derivado de chuton ‘meditar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1523-1560), primeiro monarca da dinastía Vasa. De nome Gustavo Eriksson Vasa, foi feito prisioneiro por Cristián III de Dinamarca na Batalla de Brännkyrka (1518). De volta a Suecia (1250), dirixiu a loita pola emancipación do poder dinamarqués e foi nomeado administrador do reino (1521). Trala expulsión dos dinamarqueses, o Riksdag da cidade de Strängnäs proclamouno rei (1523). Convertido ao luteranismo (1527), asumiu a xefatura da Igrexa sueca e confiscou todos os bens da Igrexa Católica. Practicou unha política centralista na que reprimiu as continuas revoltas populares, potenciou o desenvolvemento industrial e comercial do país e transformou Suecia nun estado monárquico hereditario (1544).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1611-1632), fillo e sucesor de Carlos IX de Suecia. Acabou coas guerras contra os dinamarqueses, cos que asinou a Paz de Knäred (1613), na que renunciaba a Finnmark a cambio da libre circulación dos seus navíos nos estreitos controlados por Dinamarca; e contra os rusos, cos que asinou a Paz de Stolbova (1617), na que se aseguraba a posesión de Ingria, Estonia e a Carelia oriental. Envolto na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648), atacou Polonia, onde ocupou Rigga, Dorpat (1621) e os portos de Prusia occidental (1625). No eido da política interior destacou polas súas reformas, desenvolveu o ensino público e fundou varias universidades, elaborou un novo Código Xudicial (1614), e creou os tribunais de apelación de Estocolmo, Åbo e Dorpat, e reformou o exército sueco. Escribiu numerosas poesías en alemán e sueco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1771-1792), fillo e herdeiro de Adolfo Federico II de Suecia. Educado en Francia, gobernou inspirado polos principios do Despotismo Ilustrado, que o levaron a proclamar a liberdade de prensa (1774), a tolerancia relixiosa (1781) e a promulgar en 1789 a Acta de Unión e de Seguridade, pola que obtiña poderes absolutos e ao mesmo tempo proclamaba a igualdade xurídica de todos os cidadáns. Promoveu a fundación de institucións como a Academia Sueca (1786) e a Ópera de Estocolmo. Rexeitado pola nobreza, morreu asasinado, feito que inspirou o libreto da ópera de G. Verdi Un ballo in maschera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1792-1809), fillo de Gustavo III. Contrario ás correntes revolucionarias, aliouse co Reino Unido e Rusia (1805) para loitar contra a Francia de Napoleón, o que supuxo a perda da Pomerania (1807) e de Finlandia (1808) a mans de franceses e rusos. En 1809 o Parlamento sueco obrigouno a abdicar e proclamou unha monarquía constitucional na figura do seu tío Carlos XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1907-1950), fillo de Oscar II e de Sofía de Nassau. Aínda que mantivo a Suecia neutral, durante a Segunda Guerra Mundial deixou transitar material de guerra (1940) e tropas alemanas (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1950-1973), fillo e herdeiro de Gustavo V. Formado nas universidades de Uppsala e Oslo, foi un importante mecenas e coleccionista de arte. Destacou tamén polas escavacións que realizou en Chipre, Grecia e Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor de El Pueblo Gallego e ABC, e realizou tarefas radiofónicas en Radio Madrid. Pertenceu tamén ao Central Office of Information (COI) de Londres e foi correspondente en Galicia de Cuadernos para el diálogo. Posteriormente, foi xefe de sección en La Voz de Galicia e director de Hoja del lunes de Vigo. Ademais da tradución de A pantasma de Canterville (1983), de Oscar Wilde, escribiu Lengua, cultura y periodismo (1970) e Noticias de América (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou as revistas literarias Un ángel más e El signo del gorrión. Da súa obra, baseada no tema do amor e nas relacións que se establecen na parella, cómpre salientar, entre outras, El amigo de las mujeres (1992), El lenguaje de las fuentes (1993, Premio Nacional de Narrativa), Marea oculta (1995, Premio Miguel Delibes), Las historias de Marta y Fernando (1999, Premio Nadal), El hilo azul (2001), La soñadora (2002) e o libro infantil Tres cuentos de hadas (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor e director de teatro. Realizador de documentais, guións de cine e textos teatrais, fundou xunto con Ánxela García Abalo a compañía de teatro Ancora Producións (1989). Ademais de actuar en diversas obras como A noite vai coma un río, Tres irmáns e O galego, a mulata e o negro (1990, Premio Compostela de Teatro 1991), estreou Ladraremos (1996, I Premio María Casares ao mellor texto teatral), Footing (Premio Rafael Dieste 2001 da Deputación da Coruña) ou Hai que romper (2003). É membro da comisión técnica de teatro do Consello da Cultura Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO