"Hécate" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade da maxia e da feiticería, filla de Asteria e Perses e descendente da xeración dos titáns. Orixinariamente, outorgaba a prosperidade material, a elocuencia nas asembleas e a vitoria nas batallas e xogos. Aparéceselle aos magos e ás bruxas cun facho nas mans ou metamorfoseada en animal. Preside as encrucilladas, onde adoita aparecer unha estatua súa tricéfala, que representa o seu poder sobre aire, mar e terra.
-
PERSOEIRO
Historiador e xeógrafo grego. Discípulo de Anaximandro, foi autor dun tratado de xenealoxías míticas, no que fixo unha interpretación racionalista dos mitos, tradicións e crenzas gregas, e do Περίοδος γ ῆ ς ou Περι ή γησις (‘Periexesis’ ou ‘Viaxe ao redor do mundo’) no que se describe a Terra como un disco rodeado polo océano.
VER O DETALLE DO TERMO