Hécate
Hécate
[MIT]
Divindade da maxia e da feiticería, filla de Asteria e Perses e descendente da xeración dos titáns. Orixinariamente, outorgaba a prosperidade material, a elocuencia nas asembleas e a vitoria nas batallas e xogos. Aparéceselle aos magos e ás bruxas cun facho nas mans ou metamorfoseada en animal. Preside as encrucilladas, onde adoita aparecer unha estatua súa tricéfala, que representa o seu poder sobre aire, mar e terra.