Hébridas, Illas

Hébridas, Illas

Arquipélago de Reino Unido, situado fronte as costas occidentais de Escocia. O estreito de Minch divídeas en dous subgrupos: as Outer (Lewis, Harris, North e South Uist, Benbecula, Barra e Stikilda) e as Inner (Skye, Mull, Jura e Islay). O total é dunhas 500 illas e illotes, moitos deles deshabitados. Morfoloxicamente, constitúen o complexo máis antigo de materiais cristalinos (gneis) de Reino Unido. A agricultura, con cultivos de cereais (orxo) e forraxe, a gandería e a pesca son a súa riqueza. Producen tamén unha boa parte do tecido escocés (tweed).