Hebrón ou Al-Halīl

Hebrón ou Al-Halīl

Cidade de Cisxordania, situada no fértil val de Eškol (75.000 h [1984]). Destacan os cultivos das vides, as oliveiras e as froiteiras. Na Antigüidade, foi capital do Reino de David. Pertenceu a Xordania ata que, en 1967, foi ocupada por Israel e se produciu o asentamento de colonos xudeus. Despois dos acordos de paz entre Xordania, a OLP e Israel (1993), Xordania renunciou á soberanía sobre a cidade e en 1994 pasou a formar parte da autonomía palestina. En 2003 Israel comezou a construción dun muro que segregou a cidade. Do seu patrimonio cultural destacan a mesquita de al-Haram e a cova dos patriarcas.