"Héitor" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do grego Ἔ κτωρ, que tradicionalmente se interpreta coma ‘rexedor (do pobo)’; pode vir do verbo ἕ χω ‘ter’, ‘rexer’. Na tradición grecolatina, Héitor é un dos principais heroes da Guerra de Troia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe troiano, fillo primoxénito de Príamo e Hécuba. Do seu matrimonio con Andrómaca naceu Astíanax. A Ilíada preséntao como o guerreiro ideal e heroe piadoso, cheo de xenerosidade e valentía na defensa dos deuses, do país e da patria. Na Guerra de Troia obtivo gloria guerreira pola súa defensa do ferido Sarpedón, a súa loita con Aiax e o asalto ás naves inimigas. A vitoria sobre Patroclo, amigo de Aquiles, motivou que este decidise volver a Ílion para vingarse. No combate entre os dous heroes, Héitor, perdida a axuda que lle prestara ata ese momento Apolo, é asasinado. Logo Aquiles ata o seu corpo ao carro de combate e arrástrao diante dos ollos dos troianos e arredor da tumba de Patroclo; seguidamente, abandona o cadáver no campamento grego para que os cans e as aves de rapina acabasen con el, pero Afrodita e Apolo apiádanse e presérvano da corrupción. Finalmente, Príamo consegue recuperar o corpo do fillo e celebrar os funerais con grandes honras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asteroide número 624 do Catálogo Xeral, descuberto por Kopff o 10 de febreiro de 1907 desde Heidelberg. A súa órbita ten un semieixe maior de 5,1211 UA e unha excentricidade de 0,20. Cando está en oposición vémolo como un astro de magnitude 15,2. Pertence ao grupo dos Troianos.
-
PERSOEIRO
Místico portugués. Morreu no exilio, cando fuxiu da conquista castelá. A súa obra Imagem da Vida Cristã (1563-1572), impregnada de platonismo, é unha das obras mestras da prosa renacentista portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. De nome Héitor González Gutiérrez, desenvolveu o seu labor en diversos países de Hispanoamérica, ata que en 1960 regresou a España para interpretar un papel secundario en Pecado de amor (1961). A partir dese momento participou en diversas producións españolas, como Crimen de doble filo (1964) e La busca (1966), e estranxeiras, como 55 Days at Peking (1963) e Doctor Zhivago (1965).
VER O DETALLE DO TERMO